CARBALLEIRA DE SANTA SUSANA
No outeiro coñecido como
“dos Poldros” existía dende o século XII unha capela románica, onde Xelmírez
tiña depositado os restos de santa Susana, comezándose de este modo o culto á
santa nela. O espazo que a circunda tivo diferentes usos ao longo dos séculos.
Durante as Revoltas Irmandiñas, foi lugar de reunión das xentes de Santiago e
dos seus arredores, onde se organizaron para crear a Irmandade. No século XVI
foi utilizado como espazo para a feira do gando, pero tamén foi mercado de
produtos agrícolas, ou lugar de ocio con tabernas e tendas en competencias coa
praza do Hospital intramuros. Quizá o seu uso máis curioso foi o de lugar para
celebración das corridas de toros durante o século XIX, pois Santiago nunca
tivo unha boa economía que lle permitise a construción e un edificio
independente dedicado a tal fin, senón que se levantaban taboados para as
corridas en distintos lugares, entre os que se encontraba Santa Susana.
Santa Susana nun día de mercadoDÍAZ, C. (coord.) (2000): A memoria de Santiago, 123. Vigo. |
Comentarios
Publicar un comentario