DIANTE DE BONAVAL
Boceto- lápices de cores
Cuadro rematado- acrílico sobre táboa 1,22m x 2,44 m
Convento e igrexa de San Domingos crecen
desde o século XIII, cando alcanzan a súa maior época de esplendor. Tras a
desamortización de Mendizábal, terá diversos usos distintos do relixioso, pois
converteuse en hospicio en 1836, en cemiterio en 1847 e no Panteón de Galegos
Ilustres en 1891.
Sen dúbida a función máis curiosa é a de cemiterio, pois trala prohibición de Carlos III de realizar enterramentos nas igrexas, buscarase en Compostela unha localización para o camposanto, utilizando de maneira provisional desde 1814 Sar e Santa Susana, para finalmente instalalo nas hortas e terreos do antigo convento de Bonaval.

Comentarios
Publicar un comentario