FONTE SEQUELO
Recreación do primeiro recinto da cidade (Franco, 1987, 87) |
Atópase
no límite da primeira aglomeración murada ao redor da Tumba do Apóstolo, que
abarcaba ata o outeiro que dominaba o leste (na zona da rúa do Castro), como
aínda amosa a forte pendente e aliñación da Rúa Diego Xelmírez, nome que, no
1893, se lle concedeu ás Rúas de Fontesequelo e Rego da Auga. Esta costa e a
abundante escorrentía de auga que, por mor do tempo compostelán, adoita
presentar levaría a enfrontamentos e cruces entre peóns nunha verdadeira disputa
por ven quen tiña preferencia nas marxes da rúa para non mollar os pés.
Pesa a súa utilidade como manancial para os composteláns dende os orixes mesmos da cidade, non parece que fose do gusto de todos, pois é coñecida a súa descrición polo eclesiástico J. del Hoyo, a comezos do século XVII, como unha auga de mala calidade por ser “algo salobre”, aínda que das máis frías de toda a cidade.

Comentarios
Publicar un comentario