O PABELLÓN DE RECREO ARTÍSTICO E INDUSTRIAL
O Pavillón de Recreo Artístico e Industrial foi un
edificio construído en 1908 e que coincidiu no tempo coa Exposición Rexional de
1909 da que formou parte como un dos seus once pavillóns de exposicións, aínda
que non foi este o motivo da súa construción nin foi derrubado como o resto de
edificios deste evento. A realización desta Exposición, seguindo a moda da
época de acontecementos nos que amosar os progresos da Modernidade, foi
impulsado pola Liga de Amigos do País de Santiago e tivo un enorme éxito para a
cidade.
O edificio sitúase nunha das entradas do Paseo da Ferradura, rodeado da vexetación do paseo e Alameda, e caracterízase pola súa singularidade dentro da obra do seu autor, Antonio Palacios. O seu aspecto actual diverxe do orixinal, pois perdeu en 1926 a súa elegante cuberta que foi substituída por outra de catro augas e tella plana, así como as marquesiñas laterais e os floreiros decorativos. Perdeu tamén a súa carpintería orixinal
O edificio sitúase nunha das entradas do Paseo da Ferradura, rodeado da vexetación do paseo e Alameda, e caracterízase pola súa singularidade dentro da obra do seu autor, Antonio Palacios. O seu aspecto actual diverxe do orixinal, pois perdeu en 1926 a súa elegante cuberta que foi substituída por outra de catro augas e tella plana, así como as marquesiñas laterais e os floreiros decorativos. Perdeu tamén a súa carpintería orixinal
Proxecto de Antonio Palacios. http://memoriasdecompostela.blogspot.com.es/2013/04/blog-post.html
Este edificio foi encargado pola agrupación do Recreo Artístico e Industrial, fundado no 1849 e coa súa sé na Rúa Nova. Estas entidades foron fundamentais para a sociedade compostelá da segunda metade do século XIX e comezos do XX, pois constituían un espazo de encontro social, cos seus bailes e festas organizadas. Á súa capacidade de codificar patróns de comportamento social sumábanselle outras prácticas, como os paseos polo “salón” da Alameda, tanto no seu tramo central como nos seus dous laterais, que adoitaban ocupar as clases menos distinguidas. Quizais por ser Compostela un “pueblo rutinario y etiquetero”, en definición do protagonista de La Casa de la Troya, o respecto polas normas sociais é un ingrediente básico dos comportamentos. Esta situación comezou a cambiar a partir dos anos vinte, coa proliferación de cafés, restaurantes e hoteis, o desprazamento cara o ensanche das profesións liberais e o cambio de gustos.
Este edificio foi encargado pola agrupación do Recreo Artístico e Industrial, fundado no 1849 e coa súa sé na Rúa Nova. Estas entidades foron fundamentais para a sociedade compostelá da segunda metade do século XIX e comezos do XX, pois constituían un espazo de encontro social, cos seus bailes e festas organizadas. Á súa capacidade de codificar patróns de comportamento social sumábanselle outras prácticas, como os paseos polo “salón” da Alameda, tanto no seu tramo central como nos seus dous laterais, que adoitaban ocupar as clases menos distinguidas. Quizais por ser Compostela un “pueblo rutinario y etiquetero”, en definición do protagonista de La Casa de la Troya, o respecto polas normas sociais é un ingrediente básico dos comportamentos. Esta situación comezou a cambiar a partir dos anos vinte, coa proliferación de cafés, restaurantes e hoteis, o desprazamento cara o ensanche das profesións liberais e o cambio de gustos.
No
Arquivo Municipal de Santiago consta que o proxecto foi firmado en Madrid o 11
de decembro de 1908, e o reformado dos miradoiros laterais (que se debe a A.
Flórez) en febreiro de 1909, que é tamén o ano da construción. Nese tempo, a
arquitectura europea estaba introducindo novos estilos. Héctor Guimard en París
e Victor Horta en Bruxelas introduciran anos atrás un art nouveau que
era xa relativamente común, e outros arquitectos como Otto Wagner ou Mackintosh
sentaban as bases do que logo sería o movemento moderno. Na Península, en
concreto en Cataluña, triunfaba o Modernismo de Gaudí.
Pabellón de Recreo Artístico e Industrial. DÍAZ, C. (coord.) (2000): A memoria de Santiago. Vigo, p. 91.
En Galicia comezaban a entrar estes novos aires paseniño, especialmente na Coruña e algo menos en Vigo. Mesmo en Compostela aparecían estas novidades, grazas ao arquitecto Xesús López de Rego, que en 1906 obtivo da Comisión de Urbanismo do Concello licenza para erguer no corazón do casco antigo (na rúa do Preguntoiro, nº 6-8) unha casa que, cando menos no ornamental, é lixeiramente modernista.
No
caso do Pavillón de Recreo Artístico e Industrial, o modernismo aflora
especialmente na súa decoración: os anxos femininos que coroan a entrada, as
pólas de loureiro en afundidos horizontais e verticais, as caprichosas bases
dos balagustos e os capiteis vexetais das seudopilastras. Mais este edificio
non pode ser clasificado como “modernista”. O Pavillón mira máis ben cara o
pasado, pois en realidade é unha mostra do que poderiamos denominar a
arquitectura francesa de balneario, que non é senón unha variante dos
eclecticismos do século XIX. Isto non impide que teña outras influenzas, como
as anteditas do modernismo ou na composición da fachada principal co seu grande
oco abucinado, á maneira de Otto Wagner. Pero o que en Wagner é ruptura co
eclecticismo, en Palacios é continuidade cos usos compositivos convencionais da
arquitectura do ocio finisecular. En conclusión, trátase dun edificio
esencialmente ecléctico con algunhas pinceladas modernistas.
No que se refire ao edificio en relación coa traxectoria
persoal do artista, o Pavillón de Recreo Artístico e Industrial ocupa un lugar
particular dentro da obra deste arquitecto. En primeiro lugar, trátase dunha
das obras máis “europeas” de Palacios, que se caracterizou máis ben pola súa
impermeabilidade ás influenzas foráneas agás a da Escola de Chicago. No Pavillón,
feito nun momento en que Palacios aínda non fixara definitivamente o seu estilo
persoal, predomina o que logo sería alleo á súa arquitectura.
No
Pavillón destaca unha albanelaría revestida de neutra textura, tras a cal o
material perde todo significado e soamente percibimos as formas. Con todo,
Palacios destacou máis polas súas incursións na estética da estrutura vista de
ferro e, sobre todo, a expresividade pre-expresionista e case que brutalista da
pedra.
Palacios
procurou sempre a monumentalidade mediante unha acentuación de grosos elementos
verticais, buscando a consecución dunha aparencia de masa maciza e tratando de
ocultar ou minimizar visualmente as cubertas. Mais neste edificio temos
horizontalidade, predominio real e visual dos vans sobre dos macizos e unha
cuberta (orixinal) que é o máis monumental do conxunto.
Xunto con isto, tamén hai que ter en conta que os edificios exentos de Palacios
son sempre formas pechadas en si mesmas (coa excepción do Palacio de
Comunicacións de Madrid), como se quixesen defenderse da contorna. Mais no caso
do Pavillón acontece o contrario: os brazos da escaleira ábrense ao exterior en
sinal de acollida, a xeito de palacio barroco e moi en consonancia coa función
para a que foi pensado.
Outra das característica de Palacios, que foi acentuándose cos anos, era o seu
historicismo. No Pavillón non podemos falar de ausencia total de historicismo,
pero si dun historicismo matizado e ambiguo que se manifesta mediante
referencias moi sutís ao pasado arquitectónico e simbólico de Compostela: a
cuncha de Santiago, a secuencia de arcos de medio punto, o abucinado “románico”
da porta, os anxos dispostos a modo de tímpano e pouco máis.Tímpano con anxos. http://memoriasdecompostela.blogspot.com.es/2013/04/blog-post.html
En conclusión, este edificio, considerado hoxe desde a perspectiva da evolución posterior do seu autor, semella un repertorio de elementos probados e desbotados, o ensaio efémero dun camiño que Palacios abandonou inmediatamente para sempre.
Xa
por último, outra das características orixinais deste edificio foi o seu
rexeitamento, tanto estético como social, en contraste coa conxunción que amosa
actualmente coa súa contorna. A actual cuberta de tella e perfil tradicional
–que substituíu en 1926 á orixinal porque facía augas e ameazaba con caer-, a
desaparición das marquesinas e floreiros, a veciñanza dunha casa modernista
posterior e, sobre todo, a costume de atopalo día tras día, teñen reconciliado
á cidade co Pavillón. Pero os seus comezos foron complexos. Para comezar, o
proxecto foi promovido por unha entidade privada, o Recreo Artístico e
Industrial, asociación da burguesía acomodada, nuns terreos públicos. Segundo,
o uso ao que se destinaba –restaurante, café e salón de baile- non era ben
visto pola Igrexa, moi preocupada pola salvagarda dos bos costumes. Estas dúas
motivacións xuntáronse para impulsar unha forte campaña de prensa e recursos
contra a concesión da licenza. Pero os amigos dos promotores tiñan maioría no
Concello e unha boa escusa para xustificarse: a Exposición Rexional. E a
licenza foi concedida aínda que a concesión só foi para dez anos. Unha vez
transcorridos, o Concello podería indemnizar aos propietarios e quedar co
edificio. Pero o negocio non debía de ir moi ben, porque xa en 1916 o Recreo
Artístico cedeu o Pavillón ao Concello, que o reformou en 1919 para instalar
alí o laboratorio municipal. A fraxilidade da cuberta orixinal esixiu xa daquela
a colocación de novas vigas e tirantes, e aínda así o local non ofrecía boas
condicións para o laboratorio, que foi trasladado en 1927. Despois disto, os
cambios de uso sucedéronse: bar americano, sede da “Exposición Permanente de
Industrias Típicas Compostelanas”, de novo café-bar…, ata que durante a Guerra
Civil foi requisado pola Falanxe e posto ao seu servizo durante os corenta anos
seguintes. Finalmente, coa chegada da democracia, pasou a ter unha nova
función, gardando os nenos e converténdose nun elemento máis do Paseo da
Ferradura e Alameda compostelá.
Na
actualidade está protexido polas Instrucións de Defensa do P.A.M. da zona
histórica-artística da cidade.
Comentarios
Publicar un comentario