O PROXECTO

SANTIAGO PINTADO  pretende contaxiar aos rapaces o pracer de debuxar do natural, algo que lles encanta mentres son pequenos, pero que tristemente pérdese a medida que medran, normalmente por falta de motivación, porque non se aprende na maioría das escolas, por vergoña a debuxar diante da xente, por medo a non facelo ben... Pensamos con optimismo que isto pode cambiar, que podemos devolverlles esa ilusión por ter os lápis de cores nas mans, só fai falla un pouco de motivación nas aulas, darlles unhas nocións moi básicas e facilitarlles a experiencia de vez en cando para que tras esta vivencia positiva teñan gañas de repetir de maneira individual.

Como segundo obxectivo pretendemos abrir o apetito polo coñecemento da  Historia de Compostela, asomar os nenos ás anécdotas, para que gocen de moitas das historias que os propios santiagueses ás veces non sabemos, acadando que teñan curiosidade por saber o que se atopa tras os nosos edificios centenarios. 
Pretendemos conseguir que sexan conscientes da sorte de vivir nunha cidade con tanta cultura e tradición, que entendan que 'Cidade Patrimonio' non é só un título, que lles queda moito por descubrir.

A través deste portal, abarcaranse distintos puntos de análise como o histórico, o artístico, ou o estético. Os cadros e bosquexos servirán de escusa, pois tomando a cidade de Santiago como eixo temático, intentarase reflexar, a través dos seus edificios, unha visión diferente das xa manidas fotos dos soportais e a pedra mollada. A intención é ofrecer un novo enfoque que resalte lugares que normalmente pasan desapercibidos, devolvéndolles o seu protagonismo perdido.


Estades invitad@s a continuar este proxecto, debuxando na rúa e investigando a Historia de cada sitio. Compartiremos aquí todas as aportacións, intercambiando experiencias, aprendendo e gozando do traballo dos demais. Só tedes que contactar en isabelreysastre@gmail.com

ou no  616.871.886 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Programa 2020

DEBUXANDO NAS PRATERÍAS- 23 de Marzo