QUEN SOMOS

A PINTORA
ISABEL REY



Licenciada en Belas Artes e diplomada en Restauración de Bens Culturais, leva vintecinco anos adicada á pintura, labor que alternou co seu traballo no terreno audiovisual.
Traballa obra pictórica de gran formato, figurativa, que non realista,  realizada normalmente en acrílico sobre táboa e sempre  a partir de los bocetos realizados del natural.

Se interesa polo estudio da luz, considerando que é o fundamento do seu traballo.

Preocupada por conseguir un cambio educativo nas artes plásticas, promove a utilización do debuxo do natural coma base pedagóxica, xa que considera que todo o mundo pode aprender a debuxar igual que aprendese a escribir ou a multiplicar.
Partindo do plantexamento de que o debuxo é algo que proporciona gran disfrute, e que ademáis é necesario na formación de los nenos, ( xa que demostrouse que desarrolla funcións cerebrais e facilita a compresión espacial), mantén que é unha disciplina marxinada e denostada no actual sistema educativo, que lle dedica poucas horas e cun método que non chega a conseguir que os alumnos se formen adecuadamente, polo que na sua etapa adulta a porcentaxe da poboación que disfruta das artes plásticas desde un punto de vista creativo é moi pequena.

De maneira optimista pensa que isto pode cambiar grazas á implicación dos profesores e á utilización do debuxo do natural coma método de ensinanza.


OS HISTORIADORES

JUAN COIRA


Eumés de nacemento pero que foi deixando anacos do seu corazón en cada rincón de Santiago. É  doutor en Historia Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela desde o ano 2016. Dedícase ao estudo da cultura popular galega na Idade Media e no pasado en xeral, especialmente desde o punto de vista da Historia e da Antropoloxía. Os seus traballos céntranse no ocio e relixiosidade, así como no refraneiro e outras manifestacións da nosa cultura tradicional como os xogos, a música ou os toques de campá.
Agarda no futuro poder inculcar na xuventude certos valores e coñecementos característicos desta cultura tradicional, axudando a fomentar unha sociedade máis xusta e equilibrada.



NATALIA CONDE
   É Doutora en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela dende o ano 2016, con especialidade en arte medieval. Ven de traballar especialmente sobre a catedral de Ourense e as súas obras durante a Idade Media, sobre a que versa a súa tese de doutoramento, na que estudou para qué se utilizaba durante o medievo o espazo do Pórtico do Paraíso. 
   Sobre este tema tamén publicou varios artigos nos que trata os mecenas que promoveron a construción do edificio ("Laurentius Hispanus o la materializzazione del concetto di Penitenza nella cattedrale di Orense (Galizia)" ou o programa escultórico do mesmo espazo ("Una revisión iconográfica del Pórtico del Paraíso a la luz del IV Concilio de Letrán y el Tractatus de Poenitentiae"). 
   Ademais, xunto ao Dr. Galbán realizou tamén artigos sobre fortificacións civís e o urbanismo galego.

CARLOS J. GALBÁN 
 É Doutor en Historia pola Universitat de Barcelona dende o ano 2011, cando rematou a súa tese de doutoramento sobre fortificacións medievais. Ademáis, tamén é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coas especialidades de Arqueoloxía, Historia Medieval e Historia Antiga. 
 Nos seus amplos anos de investigacións ven traballando non solo sobre as fortificacións medievais, senón tamén sobre aqueles que habitaban nelas -a nobreza- e tamén sobre o movemento irmandiño da segunda metade do século XV, tema sobre o que ten publicada unha monografía (A guerra dos irmandiños, 2010, ed. Lóstrego).
   Máis recentemente ven de publicar varios artigos sobre a fortificación durante a Idade Media ("La fortaleza medieval entre Arqueología e Historia. Nuevas perspectivas para un viejo tema") ou sobre cómo se facían os asedios destes castelos ("Asedio: aspectos documentales y materiales de la guerra interseñorial (ss. XIV-XV"). 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Programa 2020

DEBUXANDO NAS PRATERÍAS- 23 de Marzo