VIRXE DA CERCA



O trazado curvo destas rúas (Virxe da Cerca, Ensinanza e Tránsito da Mercé), circunda o trazado orixinal dos muros da cidade. Máis alá destas barreiras presentábase un espazo aberto de campos e hortas idóneo para novas fundacións. No século XVII edificouse o convento da Mercé ao fondo, e no XVIII o Colexio feminino da Ensinanza. 

Vista  antiga do convento da Mercede coas obras de adoquinado na rúa (Díaz, 2000, 66).

Ao longo do século XIX vaise vendendo e desmantelando o que quedaba da Cerca, polas ansias de modernidade dunha cidade que se cría enfaixada polo pasado. Non obstante, ao venderse a particulares o espazo da muralla, pronto as vivendas encheron o espazo que quedara baleiro. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Programa 2020

DEBUXANDO NAS PRATERÍAS- 23 de Marzo